Espaguetes, fideos chineses, carne con verduras, albóndegas con prebe Thai e lascas de carne con prebe agridoce

Champiñón en tempura, anaco de peixe rebozado, calamar á romana, croquetas de pataca, langostino fritido con mel e sésamo, mini-roliño de primavera con prebe agridoce, wun tu e algún tipo de carne de molusco rebozada

Pan de gambas, distintos tipos de carne con verduras e champiñóns e porco agridoce

Unha especie de torta de queixo e macedonia de froitas (kiwi, pexego, mazá, mango e lichis)

Todos os restaurantes chineses deberían ser buffet. Chegar e encherse. Unha amplísima selección de pratos asiáticos (e non tanto) para todos os gustos: pasta, carne, peixe, verduras, fritidos, asados, cocidos… e como único límite o tamaño do teu bandullo.

Os donos son turcos inda que tamén hai algún chinés traballando por alí. Servizo atento e limpeza.

Tamén teñen unha carta mais penso que non paga a pena dada a amplitude do buffet.

* Prezo: 2xbuffet (28’50 € – 10 € por un desconto dun libro de descontos), unha botella grande de auga con gas (4’50 €), cervexa (2’50 €) e vaso de auga (2’10 €) = 24’90 (I.V.E. incluido)
* China-Restaurant Lee Lee Tan, Bahnstraße, Mönhcengladbach-Holt

** Nas fotos só sae o que comín eu.

4 Comments to "Buffet no Lee Lee Tan"

  • ra said:

    En vigo hai un na rúa oporto que tamén está bastante ben. Non é que sexa a comida máis rica que comín na miña vida, pero por 9 euros saes de alí dous quilos máis gordo.

  • ifrit said:

    A serio, ra, un día teño que ir por Vigo para que me levedes de paseo 😀 (compras, comida, sair)

    E gracias por non quitarnos do teu lector de feeds! XD

  • Chimpin said:

    Eu estuvem num similar em Bilbo no verám, e a experiência foi medianamente satisfactória, e é ue a qualidade dos produtos e/ou do cozinhado nom era mui alá. Ou igual é que havia muita cousa e nom dei escolhido todo o que queria probar. Mas repetiria de ter muita fame um dia, por suposto.

    P.S. Tampouco tes que rebentar por culpa do bló!

  • ifrit said:

    O de comer a reventar e facer fotos de comida e de antes do bló 😉 Tranquilo.