pasticho

A Coruña é unha desas cidades onde as tapas páganse aparte da consumición o que por outra parte fai que teñamos á nosa disposición unha ampla variedade destas delicatessen en miniatura.

O outro día, durante o Viñetas dende o Atlántico, fun con ghanito e máis besbellinha a cear a un sitio un par de tapas. O lugar en cuestión chámase El Tequeño (adiviñades a súa especialidade?) e está na Praza de María Pita. Eu decidinme por unhas croquetas e por un pasticho (na foto).

Un pasticho é unha especie de lasaña remexida feita cunha pasta máis semellante a dos macarróns e que está rechea de carne picada e bechamel e cuberta con queixo gratinado. Unha delicia recalentada para os amantes da pasta.

El Tequeño
Praza de María Pita, 21
A Coruña
El Tequeño en Google Maps
Pasticho na Wikipedia

A foto “Pasticho” é miña e está baixo unha licencia Creative Commons.

5 Comments to "Pasticho"