Döner Dürüm

Xusto ao final da Rua do Vilar de Compostela, case chegando á Alameda, atopa-se a Parrillada Turca Anatólia. Xa fun veces e probei várias das especialidades que se ofertan, ampliadas desde hai pouco con comida do sudeste asiático (que non degustei ainda) mais para esta entrada decanteime por un dos reis da comida rápida actual, o Döner. O Döner Dürüm é un kebab feito, no canto de en pan-pan, nunha torta de trigo (pan de pita), rechea de carnes, verduras e unha salsa de iogur. Pode-se escoller o base, dobre, con queixo, con berenxena e con pemento, e eu, por causa da miña capacidade estomacal decánto-me polo dobre. O menú con patacas e bebida sae por 7,70 8 € (7 € o normal).

Patacas

Desta vez e dada (supoño e agardo) a época do ano, con vacacións e unha cantidade inxente de turistas, a atención non foi a axeitada. Tardaron máis de media hora en servir-nos (á mesa do lado, que chegaron antes ca nós ainda non lle serviran cando marchamos) e as patacas, por exemplo, non tiñan unhas espécias que lle botan noutras ocasións e lle dan o punto picante característico. De todos modos, a comida segue a estar na liña de calidade habitual, boa na miña opinión. Vale a pena pasar-se por alí e probar xa non os kebabs, senón tamén as especialidades turcas á grella, que son dignas de desfrutar.

  • Menú Döner Dürüm, composto de Döner Dürüm, patacas con salsa e refresco
  • Prezo: 7,70 8 €
  • Parrillada Turca Anatolia, Rua do Vilar, 81. Compostela

Edito: Confundin o prezo do menu Dürüm dobre co menú Dürüm con queixo

5 Comments to "Döner Dürüm"

  • reidotoxo said:

    Interesante… Direi: persoalmente, moitísimo mellor os durums dos kebabs kurdos (hai un en San Pedro, outro na rúa que baixa da pza. Toural a porta Faxeira e outro en Fontiñas); especialmente o durum con queixo está delicioso, por 4,50 €.
    E se mesturamos graxas e política queda moito mellor visto nalgúns círculos (…) apoiar a uns kurdos que a uns turcos.

  • lourixe said:

    A Parrillada Anatolia agora está a ofertar menús tailandeses… non sei como combinan a cousa. Concordo con reidotoxo no dos kebabs kurdos, heroicos e resistentes: os irmáns que levan eses que di (Restaurantes Newroz, Rúa Bautizados esquina Pza. Fonterrabía, e tramo alto da Rúa San Pedro) abriron unha sucursal na Coruña que é o único negocio da Rúa Barcelona coa carta exclusivamente en galego.

  • chimpin said:

    Tamén teño ido ao Kurdo do que falades ambos, que está ao ladiño deste. Terán o seu comentário tamén no futuro. Mais hoxe decanteime por este. Non saben igual nun e noutro sito. Por certo, o Newroz ampliou hai pouco, vé-se que lles vai ben, cousa da que me aledo.

  • reidotoxo said:

    Por certo: http://wiki.chuza.org/wiki/Modelo:User_kebab
    xD

  • ifrit said:

    Eu tamén son máis do kebab kurdo de Bautizados (o de San Pedro xa é distinto) e algú día destes teremos algunha opinión por aquí 🙂

    E si, nótase que os kurdos estes son uns terroristas do carallo que teñen a carta só en galego.