O ritmo de vida moderna modificou por completo os nosos hábitos alimentarios e agora o que se leva é o rápido, o sinxelo e o barato; cóctel que deu como resultado unha nova forma de cociña, coñecida como ‘comida lixo’. Por outra banda unha parte do cerebro, máis desenvolvida nalgúns individuos, fondamente ligada ós nosos ancestros homínidos, recórdanos sen parar que “canta máis graxa mellor, que nada sobra, que nada se tira, que todo fai falla para sobrelevar os esforzos de vivir neste país”. E seguindo esta liña de pensamento atopámonos coas festas gastronómicas populares, onde se fai patente a máxima de “Pode haber sitios onde se coma mellor que en Galiza, mais non en maior cantidade”.

Este bló é un sentido homenaxe á forma máis popular e cotiá de alimentarse, aquí, na China ou en Turquía; ó lema “coas mans, con calorías e barato”.
Por iso os seus autores son amigos dos bancos corridos e inimigos das dietas adelgazantes e da figura perfecta. Este bló está aberto a calquera que quera participar e estea próximo a estes pensamentos ou a outros similares, mais de momento está formado por franco vicetto, ascarida, chimpin (de baixa por recomendación facultativa), maceirax e ifrit.

Por se alguén inda non se deu conta o nome deste bló é unha homenaxe ó bló Capitulo 0 de magago e foi idea de franco vicetto.