Sendo a que é a temática do blog, alguén tiña que face-lo. E fun eu. Fun a un McDonald’s e tomei un Big Mac, ou LE Big Mac, como din en Amsterdam (ou iso contaba Vincent Vega). Pedin un Menú Big Mac no McDonald’s de Área Central (Compostela), menú que consta dunha Hamburguesa dobre con queixo, leituga, cebola, cogombros e unha salsa especial; unhas patacas fritidas e bebida ao gusto. Acompañei todo cunha hamburguesa de a euro, que visto o tamaño do produto testado, ia vir ben para encher ocos.

Menu Big Mac

E que tal foi a cousa? Pois… o pan parece chicle, a carne é completamente insípida, e o que é o conxunto sabe á salsa especial, que debe ser algo entre mostaza e maionesa. Das patacas pouco que dicir, son patacas conxeladas como as que calquera pode comer en centos de sítios.

Big Mac

Outra cousa é a hamburguesa de Euro. A foto di-o todo, creo, ainda que de calidade non moi boa, xa que están feitas co teléfono. Un último apunte: que nun local de comer coas mans non haxa aseos… mal. (Edito: si que hai)

Hamburguesa de a euro

  • Menú Big Mac, composto de hamburguesa Big Mac grande, patacas e bebida
  • Prezo: 5,90 €
  • McDonald’s de Área Central, Praza de Europa, Compostela

5 Comments to "Le Big Mac"

  • ifrit said:

    Menudo estómago o teu, chimpín! 😀 Está gañando un sitio no hall of fame deste bló! XD

    E casi podería xurar que nese McDonald’s coma nos do resto do mundo hai servizos… poida que no andar de arriba…

  • Miguel Vila (Colineta) said:

    Os que temos fillos pequenos pasamos inevitablemente nalgunha ocasión por semellante sitio, inda que en descargo dos rapaces hai que dicir que as hamburguesas feitas na casa, con carne picada polo carniceiro, sábenlles mellor.
    Polo que respecta ao servizo, o McDonalds de Área Central si o ten. Está na pranta superior, un pouco escondido. Pero si preguntando se chega a Roma ¿cómo non imos dar co lavabo?

  • Chimpín said:

    Retiro o dito logo, obrigado pola información 😉

  • galegoman said:

    Brrrr… o seu é ter colhons! Eu só fui duas vezes a um McDonalds, umha de cativo trás muito dar a brasa aos meus pais… e rematamos por tirar a “hamburguesa” a minha irmã e mais eu, e outra um dia numha vila inglesa, que tinha muita fame e poucos quartos.

  • makeijan said:

    A Royal with cheese ;-), que grande filme.
    Eu tamén teño que recoñecer que nos meus tempos novos de visita pola Inglaterra a adiante comín moito disto… era o que había!

    Por certo, quero recomendarvos un lugar en Pontevedra, por se algunha vez vos cadra. Chamase Bocatería TRIS, e está nunha especie de galerías na Rúa Sagasta.
    A atención estresa do rápida que é, e alí acuñouse unha das frases máis míticas da miña xuventude.
    “Este local está ben. O malo é que os bocatas son demasiado grandes” 😉