O outro día fun ó concerto de Calexico a Vigo (conciertazo!) e como non sabía o que me agardaba ó chegar a Santiago decidín buscar un sitio pola cidade olívica onde meterlle algo ó corpo.

O único que atopei aberto (mira que é difícil atopar algo para comer en Vigo máis alá das 11!) foi unha cafetería preto do aparcadoiro onde deixara o coche. É unha destas grandes cafeterías ‘de toda la vida’ de Vigo, que tamén é restaurante e café-concerto (de feito estaban montando toda parafernalia para o espectáculo), Luces de Bohemia.

Como xa dixen non sabía o que me agardaba en Santiago así que pedín o máis grande que tiñan, a hamburguesa especial Luces, unha hamburguesa con leituga, tomate, panceta, xamón de York e queixo. Moi especial non era. Tampouco era especialmente grande. Sabor aceptábel, inda que recomendo non botarlle maionesa, que a que teñen alí sabíame un pouco rara (non, non tiña salmonelose)

Sen dúbida non é un lugar para ir tomar hamburguesas, mais cumpre para unha emerxencia.

  • Hamburguesa especial Luces e auga:
  • Prezo: hamburguesa (4’50) + auga (1’70) = 6’20 ouros
  • Cafétería – Restaurante Luces de Bohemia, Rúa Colón, Vigo
  • 2 Comments to "Hamburguesa especial Luces"

    • ra said:

      un pouco máis arriiba, en urzáiz, tes o ecos e outro que son os típicos onde vai comer toda a xente de churruca ás 5 da mañá: hamburguesas, pratos combinados, lagostinos… de todo. o ecos é malísimo, e o trato dos camareiros é peor, pero, como dis, cumpre para unha emerxencia. de todos xeitos, o glamour do luces de bohemia non ías atopalo en ningún outro sitio. xDDD

    • ghanito said:

      Eu tamén ía falarche do Ecos, ainda que nunca comín alí, mais que nada porque vivín nese edificio varios anos e prefería subir a casa 😀

      Agora que dou fe que abre 24h e non pecha en todo ano mais que en dous días