Hamburguesa completa

O sábado foi noite de festival. The Homens, Catpeople, Lagartija Nick, Vetusta Morla e X-Wife (a estes últimos non os vin, que un vai vello e os xeonllos resíntense) tocaron en Mosteiro, catro casas e un festival organizado case á perfección.

Mais o que importa aquí é que alí papei unha hamburguesa completa nun chiringo confabulado coa organización. Sen dúbida o adxectivo ‘completa’ quedáballe un pouco grande de máis. En concreto levaba: carne de cuadrúpedo, leituga, fíos de cebola e unha fatia de queixo; eu xenerosamente engadinlle (despois de insistirlle á dependenta/cociñeira) algo de ketchup e maionesa.

Consistencia media, inxestión rápida, pringue de graxa irrelevante, dixestión sinxela, aporte de vitaminas e proteinas aceptábel. Misión cumplida!

null